30 Xuño 2013, 19:11

http://istoenormal.org/images/356.jpg
Barry Stone

Residencia das creadoras Mónica García, Ángela Blanco e Caterina Varela

Estamos preparados para o pop? é o titulo desta creación a tres bandas que xermolará en NORMAL ao longo de xullo.

Este proxecto sumará as aportacións creativas de Mónica García, Ángela Blanco e Caterina Varela. Elas mesmas describen o seu proxecto do seguinte xeito: “Involucradas nun traballo de experimentación, partimos do propio autocuestionamento da nosa propia maneira de afrontar o traballo e as relacións de poder (público-artista, artista-programador, mercado-obra, creador-intérprete, etc.). Preguntámonos que é resistir, canta forza, canta dureza debe haber nesta actitude; preguntámonos cales son as formas de resistencia posibles que nos deixen espazo para ver; cales son as formas de resistir que nos sequen a gorxa… que nos permitan seguir afectándonos. Que xesto debemos seguir mantendo? Que parte de nós hai que soster?”