1 Setembro 2012, 17:40

http://istoenormal.org/images/246.jpg

Residencia de Korokati

Korokati, o proxecto musical paralelo a Koroiev, seguirá a tomar forma durante xullo e setembro nunha residencia artística en NORMAL.

Korokati nace nunha carpeta, mellor, nace dun festival. As dúas son verdades. Korokati nace en 2010. O Sónar Galicia dese verán e unha tal “akativa” prenderon ideas na cabeza de Koroiev. Pouco despois, o astronauta, de tanto remexer nas carpetas de proxectos descartados, desestimados ou abandoados por algunha razón indicible, compón un álbum baixo esta nova identidade. Ese foi Muerte al Arquitecto I, que Korokati lanzou á rede en setembro de 2010: seis temas de electrónica que marcaron o inicio deste proxecto. Agora, dous anos despois, logo de que recentemente Koroiev dera o paso ao directo, Korokati prepara Muerte al Arquitecto II e parece que tamén o seu respectivo directo. Veremos…