11 Xullo 2019, 17:30

http://istoenormal.org/images/737.jpg

Retratos e miradas.

Actividade complementaria da exposición O meu, o teu…

Para esta actividade, é necesario inscribirse solicitándoo ao correo: cultura.coruna@udc.es

Cada sesión fotográfica, de aproximadamente dez minutos de duración, será individual.

Dentro da actividade ofrécense dúas opcións:

- Retrato da persoa, realizado polo artista e que pasará a completar o proxecto Sumamos, incluído na exposición “O teu, o meu…” con proxección e impresión en sala e saída á web sumamos.org. (previa autorización dos dereitos de imaxe.

- Fotografía dos lentes da persoa. Seguirase a liña da serie e ti que miras? enfrontamento/acordos. Tamén patente na exposición.

En calquera dos casos remitirase unha copia por correo electrónico, se a persoa participante así o desexa.