11 Abril 2012, 20:00

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/170.jpg
Brett Gaylor, RIP! A Remix Manifesto (2008)

RIP! A Remix Manifesto

RIP! A remix manifesto é un filme documental que recibiu múltiples premios. Foi realizado polo ciberactivista e cineasta Brett Gaylor para denunciar o sistema de copyright.

RIP! A Remix Manifesto é un filme moi crítico co sistema de copyright. Dirixido polo ciberactivista e cineasta Brett Gaylor, xira en torno a Girl Talk, unha estrela do mash-up cuxo traballo resulta ilegal desde o punto de vista tradicional do dereito de autor. Tratando de entender como isto pode ser así, tendo en conta que, ao longo da historia, a cultura sempre se baseou en creacións anteriores, no filme o director entrevista a personalidades como Lawrence Lessig, de Creative Commons, o músico e ex-ministro brasileiro Gilberto Gil, ou o escritor Cory Doctorow, entre outros.

Preme aquí se queres ver o tráiler.

Dirección: Brett Gaylor
Produción: Daniel Cross, Mila Aung Thwin, Ravida Din, Sally Bochner
Guión: Brett Gaylor
Música: Olivier Alary
Fotografía: Mark Ellam
Montaxe: Brett Gaylor, Tony Asimakopoulos
Ano: 2008
País: Canadá
Duración: 86 minutos