8 Marzo 2014, 10:00

http://istoenormal.org/images/410.jpg

Safari fotográfico + obradoiro de contrapublicidade

NORMAL súmase aos actos que se desenvolverán na cidade co gallo do Día internacional das Mulleres con esta actividade realizada en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

O programa consta dun safari fotográfico de estereotipos sexistas e dun obradoiro de contrapublicidade impartido por Mariola Mourelo, de Ffotoeduca.

Partindo dun itinerario fotográfico de caza de estereotipos publicitarios sexistas polas rúas da cidade, os participantes empregarán as súas cámaras para darlle a volta ao sexismo creando propostas de contrapublicidade creativas e transformadoras. Trae a túa cámara e a túa creatividade para reflexionar, debater e actuar contra o sexismo na publicidade e celebrar o 8 de marzo, Día internacional das Mulleres.

De 11:00 a 14:00h – Encontro en NORMAL dos participantes con Mariola Mourelo + percorrido polas rúas da cidade identificando e fotografando elementos publicitarios sexistas.

De 17:00 a 20:00h – Obradoiro fotográfico de creación de contrapublicidade en NORMAL.
Non son precisos coñecementos previos de fotografía.
Máximo de asistentes: 20 persoas.
Asistencia gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org.
Os participantes deberán traer cámara de fotos e cable de conexión a ordenador.

Imaxes do obradoiro en NORMAL.