7 Mai, 22:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/179.jpg
Pierre Jodlowski

ESPAZO IXOR: SaX-Xperience´12

Segundo concerto do ciclo ESPAZO IXOR, cun programa interpretado pola Aula de Saxofón do Conservatorio Superior de Música da Coruña e convidados.

A contemplación do son, a súa transformación e manipulación por instrumentos acústicos ou por medios electrónicos, e a tradición musical están presentes neste programa con obras de John Cage, Christophe Havel, Pierre Jodlowski, Christian Lauba, José Mª Sánchez-Verdú e Salvatore Sciarrino.

PROGRAMA:
John Cage (1912-1992) Four5 (1992), cuarteto de saxofóns.
Christophe Havel (n.1956) Oxyton (1990), saxofón barítono.
José Mª Sánchez-Verdú (n.1968) Dhamar (2000), saxofón alto e acordeón.
Carlo Gesualdo da Venosa (1564-1619) Madrigal Itene miei sospiri* e Madrigal Tu m’uccidi, o crudele*, cuarteto de saxofóns.
Christian Lauba (n.1952) Hard (1988), saxofón tenor.
Johan Sebastian Bach (1685-1750) Fugueta sobre Dies sind die heil’gen zehn Gebor*, cuarteto de saxofóns.
Pierre Jodlowski (n.1971) Mixtion (2002), saxofón tenor e electrónica en vivo.

*selección de PAGINE (2001), elaboración para cuarteto de saxofóns de Salvatore Sciarrino (n.1947).

INTÉRPRETES:
Aula de Saxofón do CSM de A Coruña
Marta Alonso, Adrián Cotado, Xurxo Fernández, Fátima Martínez

Vadzim Yukhnevich, acordeón
Roberto Perol e Manuel Piñeiro, saxofóns convidados

O Ensemble IXOR é unha agrupación formada por alumnado do Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Na edición 2012, xunto ao Ensemble IXOR e a Aula de Saxofón do Conservatorio coruñés, cóntase para esta serie de concertos coa participación do Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e do percusionista Diego Ventoso.

Haberá unha presenza especial da música electrónica con obras neste formato a cargo de alumnado de Composición do CSM da Coruña e diferentes obras para instrumento e live-electronics do compositor e artista multimedia Pierre Jodlowski (Francia, 1971). Inclúense, ademais, obras acústicas de clásicos da música contemporánea (John Cage, Sofía Gubaidulina, Giacinto Scelsi ou Iannis Xenakis) xunto a valores actuais da nova música como Toshio Hosokawa, Gérard Pesson, José M.ª Sánchez-Verdú ou Salvatore Sciarrino.

Os programas deseñados son unha mostra da conexión dos novos músicos coa música do noso tempo. Non é este un exercicio de achegamento ás estéticas ou linguaxes actuais: o ESPAZO IXOR está concibido para gozar da música de hoxe e para a reflexión sobre o pensamento que a sustenta.