9 Maio 2016, 08:00

http://istoenormal.org/images/566.png

SEGUNDA PEL

SEGUNDA PEL son 2 metros cadrados para sentir o corpo, experimentar a performance e revivir instalacións.

Modificar-transformar-inventar un espazo, xerando un novo ambiente que crea unha “segunda pel” no espectador, que o envolve para producir unha nova relación entre a arte e a vida. É o deseño dun espazo onde interveñen diferentes elementos estéticos e obxectos cotiáns co fin de que o espectador leve a cabo unha experimentación sensorial: sentir para vivir.

Na sala expositiva instalaranse dous cubos de 2 metros cadrados aproximadamente, con moqueta negra. Sobre ese espazo, varios grupos do alumnado do Grao de Educación Infantil da UDC proporán diferentes instalacións (13 aproximandamente) con diferentes obxectos e materiais para que sexan experiementadas sensorialmente polos cativos da Escola Infantil Anexa.