22 Setembro 2014, 15:00

http://istoenormal.org/images/459.jpg

Segundo Andar

O Segundo Andar de NORMAL muda a pel para ser escenario das artes vivas. Ábrese un espazo para a performance, as artes do movemento e a creación contemporánea da man de diversos artistas escénicos galegos e dunha convidada internacional. Un espazo de encontro entre creadores e creacións, entre procesos e resultados, entre pensamento e acción.

Esta mostra pretende ser un lugar en que compartir e visibilizar a experiencia do artístico. A maior parte dos artistas participantes foron nalgún momento residentes de NORMAL, viviron e desenvolveron a súa actividade creativa nesas aulas do segundo andar do edificio. A heteroxeneidade dos seus traballos é acollida por un vínculo espacial, un medio envolvente que viu medrar os seus procesos artísticos e que agora asiste á súa posta en común. Materialízase, vencellada ao lugar, unha relación afectiva entre os procesos creativos.

A ocasión contará coa presenza destacada de Violeta Luna, artista da performance e activista mexicana, que será a encargada de abrir este Segundo Andar cun obradoiro sobre corpo e acción e a presentación do seu traballo.

PROGRAMA
Entrada de balde.
Segundo andar de NORMAL.

22-24 SETEMBRO, 17.00 a 21.00h.
Obradoiro de performance
Corpo/acción: camiños cara a unha cartografía persoal VIOLETA LUNA
Inscrición previa do 1 ao 18 de setembro nesta plataforma en liña.

25 SETEMBRO, 20.00H.
Performance
Apuntes sobre la frontera
VIOLETA LUNA
Artista convidada

29 SETEMBRO, 20.00H.
Ensaio coreográfico
ángel cojo
ANDREA QUINTANA
Artista residente

30 SETEMBRO, 16.30 a 19.30H.
Mesa de traballo sobre as residencias artísticas como dispositivo de relación coa comunidade artística local.
Actividade coordinada polo colectivo Misa de Domingas.

2 OUTUBRO, 20.00H.
Artes do movemento
Fulcro
JAVIER MARTÍN
Artista convidado

Danza contemporánea
Que volvan as flores
RUT BALBÍS (Cía. Pisando Ovos)
Artista residente

3 OUTUBRO, 20H.
Performance
mo-Vernos (en busca del cuerpo perdido)
MARTA CUBA + MIGUEL ALONSO
Artista residente e artista convidado

Proceso aberto
olivia necesita verán
ÁNXELA BLANCO + FABIANA CORRÊA
Artistas residentes

Work in progress
Mi manera de hacer el indio
CAROLINA FERNÁNDEZ
Artista residente