16 Setembro 2013, 14:00

http://istoenormal.org/images/313.jpg

Seminario de verán: medios, comunicación e poder

NORMAL acolle este seminario de catro días sobre as relacións que se dan, na que hoxe damos en chamar Sociedade da Información, entre a tríada comunicación-medios-poder.

A centralidade política e social e a complexidade do vínculo entre o que entendemos como Cuarto poder e os mecanismos de dominación e gobernanza viven un momento caracterizado polas profundas transformacións que acompañan a acelerada introducción na sociedade das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), coas Redes Sociais á cabeza. Ollando para as alteracións nos mecanismos de creación de hexemonía no imaxinario cultural e para as fendas que abre a viralidade da información en rede, poderíamos preguntármonos se vivimos unha época de cambios, ou un cambio de época. A este respeito, o desafio por identificar e comprender o alcance real das mutacións en curso no nexo entre comunicación e poder trae hoxe ao seu carón diversas disciplinas. Elementos que nacen na socioloxía, a pedagoxía, o xornalismo, a comunicación audiovisual, a ciencia política, a filosofía ou a filoloxía compoñen o calidoscópico crebacabezas que nos permite desentramar que elementos están en xogo baixo a binomio comunicación-poder. O noso obxectivo principal con este curso e dotármonos de nocións guía coas que desvelar cal poden ser hoxe as ferramentas precisas para a comprensión dos mecanismos de creación de consenso, disenso ou lexitimidade no universo da infoesfera e do sistema-mundo contemporáneo.

16 de setembro REDES SOCIAIS

16:00-17:30 Novos xeitos de organización colectiva distribuída, Javier Toret.
17:30-18:30 Política e Medios Sociais: a mensaxe e as súas canles, Tati Mancebo.
18:30-19:30 Uso dos medios sociais aplicados á comunicación política, Iván Sánchez.
19:30-21:00 Debate

17 de setembro ANÁLISE DE MEDIOS I

16:00-17:15 Novas formas de comunicación. Comunicación contra o patriarcado, Bárbara G. Vilariño.
17:15-18:30 Medios, redes e opinión pública, Víctor Sampedro.
18:30-19:45 Voces da exclusión. Cara un xornalismo crítico?, Alberto Pradilla.
19:45-21:00 Debate cos participantes do día.

18 de setembro ANÁLISE DE MEDIOS II

16:00-17:30 Desv(ar)íos de sentido. Medios, cine e poder, José Manuel Sande.
17:30-19:00 Proxeción de traballos e presentación de GZ Contrainfo.
19:00-21:00 Mesa de Medios Galegos: Novas GZ, Sermos Galiza, Praza Pública, Cuac FM.

19 de setembro COMUNICACIÓN POLÍTICA

16:00-17:30 Comunicación contrahexemónica, Pablo Iglesias Turrión.
17:30-20:00 Comunicación, occidente vs oriente, Santiago Alba Rico.
20:00-21:00 Proxección de traballos e presentacion #GAC (Galiza Ano Cero)

Prazo de matrícula:
Desde o 16 de maio até o 11 de setembro.

Máis información:
Seminario de verán: medios, comunicación e poder.
Facultade de Socioloxía, Campus de Elviña.
Tel. 981 167 000 ext. 4817
belenfernandez@udc.es