14 Marzo 2012, 12:22

http://istoenormal.org/images/166.jpg

Servando Barreiro estrea o seu 'Tocata autista' en NORMAL

Unha das instalacións que está a ter máis éxito dentro de NÓSOMOSÔN é o Tocata autista, obra que Servando Barreiro mostra por vez primeira ao público.

Esta complexa peza sorprende porque activa e desactiva un tocadiscos coa enerxía do público que se move arredor dela. Unha cámara web de alta resolución conectada a un ordenador con puredata rastrea o espazo; o resto depende da enerxía que irradien os visitantes.

Todo iso sen que as complicadas combinacións de conexións e programacións empregadas estean á vista.