23 Febreiro 2012, 20:00

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/151.jpg
Bernardo Bertolucci, The Dreamers (2003)

Sesenta e oitos: Os soñadores

En que punto coincidía o 68 das rúas con aquel outro prendido no interior de quen levantaban os lastros? Dúas visións sobre o proceso cun mesmo actor protagonista: Louis Garrel.

Unha disputa en imaxes, un filme que vai das rúas aos interiores ou outro que vai do interior até as rúas, a cal máis compracente, a cal máis crítico: Bernardo Bertolucci ou Philippe Garrel.

Un diálogo fílmico en dúas sesións:

Xoves 23/02/2012 ás 20 horas: Os soñadores.

Xoves 8/03/2012 ás 19 horas: Os amantes regulares.

En 2003, Bertolucci abordou unha interesante aproximación ao contexto político e cultural das revoltas da primavera do 68 en París por medio da historia de amor e amizade entre o trío protagonista de Os soñadores.

Dous anos despois chegou a resposta de Philippe Garrel, que con Os amantes regulares daba a súa visión (discordante) sobre ese mesmo período da historia francesa.

Un proceso que foi analizado no seu momento por Stéphane Delorme na revista Cahiers du cinéma.