8 Marzo 2012, 19:00

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/152.jpg
Philippe Garrel, Les amants réguliers (2005)

Sesenta e oitos: Os amantes regulares

En que punto coincidía o 68 das rúas con aquel outro prendido no interior de quen levantaban os lastros? Segunda sesión do achegamento a dúas visións sobre o proceso cun mesmo actor protagonista: Louis Garrel.

Unha disputa en imaxes, un filme que vai das rúas aos interiores ou outro que vai do interior até as rúas, a cal máis compracente, a cal máis crítico: Bernardo Bertolucci ou Philippe Garrel.

Un diálogo fílmico en dúas sesións:

Xoves 23/02/2012 ás 20 horas: Os soñadores.

Xoves 8/03/2012 ás 19 horas: Os amantes regulares.

En 2003, Bertolucci abordou unha interesante aproximación ao contexto político e cultural das revoltas da primavera do 68 en París por medio da historia de amor e amizade entre o trío protagonista de Os soñadores.

Dous anos despois chegou a resposta de Philippe Garrel, que con Os amantes regulares daba a súa visión (discordante) sobre ese mesmo período da historia francesa.

Segundo escribiu Stéphane Delorme na revista Cahiers du cinéma,Les Amants réguliers impresiona, en primer lugar, por su ambición sin paralelo dentro del cine francés contemporáneo: atreverse con el mayo del 68 y las esperanzas perdidas que lo siguieron para agregarle a este retrato generacional la historia primigenia, siempre única, del nacimiento del amor. Unir la revolución política con la revolución íntima, los revolucionarios de una noche con los amantes estables. Una ambición semejante exigía una forma amplia (tres horas) y un corte inaugural (68 y luego 69) que confronta el mes de mayo condensado en una noche épica a la cotidianeidad atemporal de una banda de soñadores que transforman con elegancia el opio en amor y el amor en opio.”