19 Xuño 2014, 07:05

http://istoenormal.org/images/445.jpg

Summerlab aRtropocode 2014 en NORMAL

NORMAL acollerá en setembro as sesións do Summerlab aRtropocode 2014.

Baixo o título Simbioses creativas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s), celebrarase entre o 17 e o 21 de setembro este evento, proposto como un espazo de convivencia e xeración de proxectos/prototipos mediante o work-in-progress e a metodoloxía colaborativa interdisciplinar. A data límite de inscrición é o 15 de xullo.

O obxectivo é traballar colectivamente en diversas mesas de traballo que xiren en torno ao software e hardware libres, os transfeminismos, as interactividades, o fabbing, as narrativas, as cartografías, as performances, o noise, a háptica, o biohacking e un longo etcétera aberto ás propostas dos participantes, na liña habitual dos summerlabs.

As mesas de traballo e presentacións desenvolveranse en NORMAL, o espazo de intervención cultural da Universidade de Coruña. As Oficinas de Software Libre das universidades galegas apoian e participarán tamén do evento.