21 Novembro 2011, 23:59

  • NORMAL
  • 35 euros comunidade universitaria/ 55 euros alléos
http://istoenormal.org/images/108.jpg

Supervivencia en SuperCollider, Obradoiro de Iniciación.

Obradoiro de iniciación a SuperCollider, orientado a todas as persoas interesadas na aplicación creativa desta linguaxe informática, sexa cal sexa a disciplina en que traballen, aínda que carezan de coñecementos previos en materia de son ou programación.

SuperCollider é un contorno de programación enfocado ao proceso de audio, síntese e composición algorítmica en tempo real. Ao ser unha linguaxe de programación dinámica, SuperCollider pode ser usado para “live coding”,“performances” en que se escribe, modifica e executa código en directo (”on-the-fly”, ”ao voo”).

Desenvolvido orixinalmente por James McCartney (1996-2002, soamente dispoñible para MacOS), desde o ano 2002 é software libre baixo licenza GNU.
SuperCollider pódese utilizar tanto para a síntese de audio como de imaxe, todo iso en tempo real e con múltiples posibilidades de interacción con outros programas e dispositivos.

Os participantes achegarán o seu ordenador persoal co software xa instalado.
SuperCollider é software libre. Existen versións para Mac VOS, GNU/Linux, Windows e FreeBSD.
Pódense descargar gratuitamente en:
http://supercollider.sourceforge.net/
http://www.audiosynth.com/
O curso será un curso de iniciación: será BÁSICO e terá unha orientación claramente PRÁCTICA.

Aberto o prazo de inscripción ata o 21 de Novembro.

Do 24 a 25 e de 28 a 30 de novembro de 17.30 a 20.30 horas en NORMAL, Espazo de Intervención Cultural de Riazor, Paseo de Ronda, nº 47, campus de Riazor. A Coruña. Prezos: 35 euros comunidade universitaria/ 55 euros alléos. Solicitado 1 crédito de libre elección. Martrícula: En NORMAL. Máis información: tlf. 981167000. ext. 4502 ou info@istoenormal.org

Profesor: Francisco J. Álvarez, descobre o universo do audio dixital a mediados da década dos noventa, mentres traballa como ilustrador freelance para publicacións de ámbito nacional e empresas do sector musical. Entre 2004 e 2009 é codirector da galería DF_Arte Contemporánea de Santiago, actividade que compaxina coa súa carreira artística baixo os alias de VX, Jade, Pantasma, Kasimierz Poulaski ou Joaquín Lana.