18 Xuño 2012, 20:00

http://istoenormal.org/images/233.jpg

Susana Sanromán en 'Poñer cousas en orde'

Incorpórase á nosa mostra mutante a obra Constipation, da artista e fotógrafa Susana Sanromán.

Nacida en Galicia, Susana Sanromán ten unha formación tanto no sector empresarial como artístico. En 2008 gradúase en fotografía no London College of Communication. Desde entón, ten participado en numerosas exposicións, tanto como artista como comisaria de arte. 

En 2008 foi seleccionada finalista de Generación 2008 Caja Madrid, e no ano 2009 publicaría o seu primeiro ensaio fotográfico Women looking at Women: The female Gaze.



Recentemente foi finalista do V Premio de Fotografía Digital Santander Creativa-Foconorte exposto no Centro Cultural Doctor Madrazo.

 Susana asistiu o afamado artista internacional Tom Hunter durante os últimos 3 anos en varias comisións, incluíndo Shelter House of Cards, Museum of London Flashback e Serpentine Gallery A Palace for Us.



Susana é cofundadora e membro activo dos colectivos ARTCRUCH (comisariado de arte) e de CENTREPOINT COLLECTIVE (fotografía). Participa no proxecto NEW OPERA HERO, galardoado con varios premios. Tamén colaborou no último ano de existencia do aclamado proxecto/espazo Shunt (Londres). 

Na actualidade combina a súa práctica artística como fotógrafa e comisaria de arte independente. Vive e traballa en Londres.