14 Setembro 2011, 09:30

  • © Juanjo Seixas
  • © Giancarlo Rado
  • © Giancarlo Rado

Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos Contemporáneos

Exposicións, ciclo de vídeos sobre a arte e feminismos en Galicia e teatro.

A/ EXPOSICIÓNS
B/ CICLO DE VIDEOS SOBRE A ARTE E FEMINISMOS EN GALICIA
C/ TEATRO

A/ EXPOSICIÓNS

1. Miradas
Exposición dos traballos fotográficos desenvoltos por un grupo de mulleres inmigrantes, residentes en Cataluña, durante o Taller de Fotografía Documental realizado por Acsur-Las Segovias e conducido por Adriana Leira.
Cada traballo vai acompañado dun texto escrito pola súa autora, dado que durante as aulas profundizaron sobre un tema elexido por cada alumna, persoal e único, que foi elaborado de manera coherente, fiel a súa idea orixinal. Como producto deste proceso xurdiron temas tan auténticos como a procura incansable de empleo, a dor pola distancia cos fillos, a procura dun camiño propio e os medos que esto representa, ou a construción dunha nova identidade como muller inmigrante, entre outros.
9 autoras Neide Catoira / María José Torres Costa / Cristina Velásquez / AnouchK / Verónica Silva / María Isabel Ayala / Gabriela González / Sandra Pabón / Gladys Manrique

2. Contenedor de feminismos
Un proxecto aberto, en proceso, posto en marcha por Carme Nogueira, Uqui Permui e Anxela Caramés. Ten a finalidade de recuperar e documentar nun arquivo as pequenas e as grandes historias dos feminismos galegos nestes últimos trinta anos. Este é un dispositivo móbil á disposición do contexto e do relato a documentar de forma audiovisual, gráfica e escrita. A primeira intervención/document-acción ocupouse das loitas sindicais das conserveiras da área de Vilagarcía de Arousa durante os anos oitenta, centradas no peche de cen mulleres na fábrica de Odosa. +info
Nesta ocasión, convertirase nun espazo documental para os algúns dos colectivos feministas galegos que usan a a linguaxe artística como ferramenta política. Mostraranse os seus carteis, fanzines, folletos, vídeos….
Colectivos participantes Maribolheras Precàrias (Coruña) / Nomepisesofreghao (Coruña) / Mulheres Transgredindo (Santiago de Compostela) / Lerchas (Ourense) / Somos Degenerando (Vigo)

B/ CICLO DE VIDEOS SOBRE A ARTE E FEMINISMOS EN GALICIA
No Cubo.
Comisariado: Anxela Caramés

1. Artistas galegas que traballan desde os feminismos ( 96’17”)
María Ruido: La voz humana (7’40”)
Carme Nogueira: 25’05” diarios, 2003 (4’55”)
Sonia Tourón: A vueltas con la peana, 2007 (7’)
Claudia Brenlla: Bata por fóra (muller por dentro) 2008 (17’50”)
Clara Gayo: Se queres que cho diga, espera, 2009 (12’27”) + Privado, 2010 (1’38”)
María Marticorena: Asuntos laterales, 2005 (15’) + Silbando mis tormentos, 2009 ( 12’)
Post-Op: Implantes, (4’58”)
Mónica Cabo: Rompiendo los huevos por las claras, 2006 (6’25”)
Peque Varela: 1977, 2007 (8’24”)

2. Mulleres migrantes: vídeos de Elizabeth Ross (30’79”)
Nómada, las mujeres se mueven, 2008-09:
Todas y las mariposas (4’51”)
Nómada, las mujeres se mueven (7’4”)
Y, ¿dónde están las mujeres?, 2010:
Ritos de Pasaje: del sueño a la vida real (5’11”)
Me lo dijo Adela (5’37”)
Lourdes, clara y directa (8’36”)

C/ TEATRO
No Cubo
Xoves 15 de setembro ás 19.30h
Compañía teatral Gayo-Pinheiro: Área de descanso
Montaxe teatral realizada polas artistas e actrices Iria Pinheiro e Clara Gayo.
Unha obra mordaz, en clave de humor, que transmite o verdadeiro sentido de amizade de dúas mulleres que, ao estilo Thelma e Louise, fuxen da rutina das súas vidas.