27 Xuño 2013, 20:00

http://istoenormal.org/images/348.jpg

TCM/ 'As que habitan a memoria', charla de Carolina Cruz Guimarey

Carolina Cruz Guimarey falará sobre As que habitan a memoria, o proxecto artístico de participación cidadá que concibiu para NORMAL e da instalación resultante.

Este é un proxecto artístico de participación cidadá e un exercicio de memoria e reconstrución da identidade individual e colectiva das mulleres que non aparecen nos libros de historia. Unha homenaxe ás nosas nais e avoas.

No seu proxecto para NORMAL, Carolina Cruz Guimarey traballou a partir dunha serie de antigas fotografías de ámbito privado que, transferidas a diversos materiais e convertidas en instalación, pretenden facer visible o patrimonio humano da cidade, en directa colaboración coa propia cidadanía.

A entrada á charla é libre até completar a capacidade da sala.