5 Xuño 2013, 20:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/346.jpg

TCM/ 'Atalaia (Pena Branca)', mesa redonda con Christian García Bello

O artista coruñés ofrecerá unha charla, xunto a Rafael Calvo Ruso e Alberto Seoane Sesar, sobre o proceso de creación de Atalaia (Pena Branca), a peza que aporta á exposición de NORMAL.

A idea da paisaxe como proceso de construción vivencial, unha experiencia persoal propia e a futura desaparición dun espazo cercano a NORMAL son os eixes fundamentais de Atalaia (Pena Branca). Un proxecto artístico que nace dunha colaboración entre o artista e varios estudantes de arquitectura da Universidade da Coruña, que pretende implicar á comunidade e aos visitantes de San Pedro de Visma.

A obra que Christian García Bello propón para a exposición é unha instalación que se constrúe en varias fases e en dous espazos: a propia paisaxe escollida e o espazo expositivo, sendo este último onde se levarán a cabo todas as conclusións e a construción da peza final.

A entrada á charla é libre até completar a capacidade da sala.