12 Xuño 2013, 10:00

http://istoenormal.org/images/347.jpg

TCM/ 'Bosque, gramática do efémero', con Lula Goce

Obradoiro artístico de tres días destinado a estudantes ou profesionais de arquitectura, belas artes, educación artística ou historia da arte.

Os días 12, 13 e 14 de xuño, de 10 a 14 horas, a artista traballará en colaboración cun grupo máximo de 6 persoas. Esta opción está aberta a estudantes ou profesionais de arquitectura, belas artes, educación artística ou historia da arte, que deberán indicar o seu nome completo, estudos e área de traballo ou interese no momento da inscrición.

Inspirada na vinculación que as zonas costeiras galegas teñen co mar e, coa mesma dinámica colectiva coa que se traballa no mundo pesqueiro, Lula Goce quere crear en NORMAL un flotante bosque de algas nacido dos diversos elementos cos que os mariñeiros se serven para a pesca, como son sedelas, chumbos e anzois.

A instalación comeza simplemente cos anzois colgados do teito da sala formando un rectángulo, coma se dunha porción de mar extraído se tratase. Ao longo do tempo expositivo irase creando e poboando lentamente o bosque de algas final, coa colaboración dos participantes inscritos, previamente seleccionados.

Esta actividade é gratuíta.

Inscricións e información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org