6 Maio 2013, 12:00

http://istoenormal.org/images/344.jpg

TCM/ 'Historias cunha escaleira', con Jorge Perianes

Partindo dunha metáfora recurrente na obra do artista (a escada), o proxecto Historias cunha escaleira pretende indagar na súa representación e reinterpretación como símbolo de superación persoal.

Nesta ocasión, Perianes, para quen o ser humano está sempre figurativamente ausente nas súas obras, traballará en colaboración cun grupo activo de voluntarios, convertidos en construtores, materia e protagonistas de todo o proceso artístico.

A través dun obradoiro de escultura dirixido polo propio artista, organizaranse varias sesións nas que os participantes traballarán coa reinterpretación das escadas como símbolo de ascensión persoal, empregando as que precisen e modificandoas según as súas necesidades. Nun traballo conxunto por atopar o seu lugar e adaptar o destino aos seus desexos.

O resultado, unha vez rematado, formará parte da exposición TÉ CON MADALENAS.

Esta actividade é gratuíta.

Inscricións e información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org