28 Maio 2013, 20:30

http://istoenormal.org/images/345.jpg

TCM/ 'Niño de erros', con Paula Cabaleiro

Obradoiro de creación arredor da tarefa histórica da muller como emendadora de “erros” no fogar.

Niño de erros é un proxecto de creación colectiva que quere recoller memorias, suturar roturas e arquivar as vivencias das súas participantes, ao tempo que procura facer visible a tarefa histórica da muller como emendadora de “erros” no seu fogar.

Para a realización colectiva desta obra, Paula Cabaleiro propón un obradoiro de creación e reflexión colectiva en torno á costura destinado a nais de calquera idade e procedencia, ou a calquera persoa que habitualmente se ocupe dos remendos no seu fogar. A presentación do resultado final será unha instalación que a artista construirá no espazo expositivo coas pezas e historias que acheguen as asistentes ao taller.

A artista ofrece a posibilidade de colaborar con ela, previa inscrición, en dous obradoiros:

NIÑO DE ERROS 1: 28 de maio de 19:00 a 20:30h.
NIÑO DE ERROS 2: 29 de maio de 11:30 a 13:00 h.

Esta actividade é gratuíta.

Inscricións e información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org