15 Maio 2013, 18:30

http://istoenormal.org/images/342.jpg

TCM/ 'Oda á longánime mirada', con Laura Piñeiro

Este é un proxecto de creación colectiva aberto á colaboración de toda persoa interesada no propio quefacer artístico.

Dende a súa residencia artística en NORMAL, a proposta de Laura Piñeiro parte da costura e do feito do coser como proceso artístico creador dun espazo íntimo para a reflexión e a meditación, a través do que poder adentrarse no universo persoal e introspectivo de cada individuo participante.

É posible colaborar coa artista inscribíndose nun dos dous obradoiros que desenvolverá en NORMAL os días 15 e 16 de maio de 18:30 a 20:00 horas (cun máximo de 12 persoas por sesión).

Sentados formando un círculo, cada participante terá un cadrado de tea de aproximadamente 30 cm. de lado no que comezará o labor de fixación de botóns. Botóns que se proporcionarán no propio espazo expositivo, ou que cada participante poderá aportar persoalmente nunha sorte de auto-representación.

Tamén se pode participar desde a propia casa, tras contactar previamente coa artista no seu enderezo electrónico (info@laurapineiro.com), até o 10 de xuño.

Esta actividade é gratuíta.

Inscricións e información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org