14 Outubro 2013, 17:00

http://istoenormal.org/images/330.jpg
Mario Horro Pita

Teatro NORMAL UDC

Ensaios e funcións dun espectáculo de teatro que, baixo a dirección de Rubén Ruibal, representará a Universidade da Coruña en diferentes festivais.

Para participar requírese unha mínima experiencia previa ou participar nunha audición na primeira semana de outubro. O obxectivo é acadar as habilidades necesarias para participar nunha produción teatral en calquera das súas múltiples facetas: dirección, interpretación, deseño e realización de música, escenografía e atrezzo, etc.

Esta é unha actividade dirixida exclusivamente ao membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña (estudantes, PAS e PDI) que superen o proceso de selección previa.

Imparte o curso Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro e Danza da UDC, director e autor teatral.

Datas: a partir do 14 de outubro. Até maio de 2014.
Horario: luns e mércores de 19:00 a 21:30 horas.
Lugar: aula de Teatro de NORMAL.
Prezos: 35€ por cuadrimestre
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)

Preinscrición:
O prazo de preinscrición comprende desde o 18 de setembro até o 4 de outubro de 2013. Pode inscribirse directamente enviando unha mensaxe a aula.teatro@udc.es . A matrícula formalizarase unha vez realizada a audición previa.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es