15 Outubro 2012, 19:00

http://istoenormal.org/images/258.jpg

Teatro NORMAL

Ensaios e funcións dun espectáculo de teatro que, baixo a dirección de Rubén Ruibal, representará a Universidade da Coruña en diferentes festivais.

Para participar requírese unha mínima experiencia previa ou participar nunha audición na primeira semana de outubro.

Imparte o curso Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro e Danza da UDC, director e autor teatral.

Datas: a partir do 15 de outubro (luns, mércores e outro día por determinar).
Horario: de 19:00 a 21:30 horas.
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: Actividade dirixida exclusivamente a membros da comunidade universitaria da UDC (estudantes, PAS e PDI) 35€
Créditos de libre elección: 2 (solicitados)

Matrícula:
O prazo de preinscrición comprende desde o 1 de setembro até o 8 de outubro de 2012. A matrícula formalizarase unha vez realizada a audición previa.

Debido ás obras de mellora e acondicionamento das aulas onde se desenvolverán os obradoiros, que están a demorar a inscrición nas actividades de NORMAL, ábrese un prazo de preinscrición até o momento en que se abra oficialmente o prazo de matrícula. Para isto, abondará con comunicar ao correo cultura.coruna@udc.es, baixo o asunto “Preinscrición”, os seus datos persoais (nome completo, DNI e teléfono), con indicación do curso en que quere participar. Recibirá un aviso de confirmación no momento en que se abra o prazo de matrícula. Grazas pola colaboración e desculpe as molestias ocasionadas.

Tamén pode preinscribirse directamente en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es
Área de Deportes. Pavillón de Deportes, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 1904