8 Outubro 2014, 16:45

http://istoenormal.org/images/423.jpg
Imaxe: Iván Casal Nieto

Teatro NORMAL UDC

Ensaios e funcións dun espectáculo de teatro que, baixo a dirección de Rubén Ruibal, representará a Universidade da Coruña en diferentes festivais.

Esta é unha actividade dirixida especialmente a membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña (estudantes, PAS e PDI) que superen o proceso de selección previa. Con todo, está aberta á participación dun 25% de persoas alleas á UDC. É NECESARIO PARTICIPAR NUNHA AUDICIÓN PREVIA. Para asistir á audición hai que enviar un correo a aula.teatro@udc.es

O obxectivo do curso é acadar as habilidades necesarias para participar nunha produción teatral en calquera das súas múltiples facetas: dirección, interpretación, deseño e realización de música, escenografía e atrezzo, etc.

Imparte o curso Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro e Danza da UDC, director e autor teatral.

Datas: a partir do 8 de outubro. Até maio de 2015.
Horario: martes e xoves de 18:45 a 21:45 horas.
Lugar: salón de actos
Prezos: 35€ por cuadrimestre os membros da comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e xubiladas / 55€ por cuadrimestre o público xeral
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 22 persoas.

Preinscrición:
O prazo de preinscrición comprende desde o 15 de setembro até o 12 de outubro de 2014. Pode inscribirse directamente enviando unha mensaxe a aula.teatro@udc.es. A matrícula formalizarase unha vez realizada a audición previa.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org