19 Marzo 2015, 11:03

http://istoenormal.org/images/538.jpg

Teatro NORMAL e Danza NORMAL, en Portugal

Os grupos institucionais da UDC de Teatro e Danza participaron esta semana no 19º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior, abrindo así a xeira de viaxes que os levará por diferentes festivais no que resta de curso.

Danza NORMAL presentou o mércores 18 de marzo, ás 21:30h, no Teatro Municipal da Covilhâ, o seu novo espectáculo Paisaxes en construción. A montaxe está dirixida por Rut Balbís, coordinadora da Aula de Danza.

Teatro NORMAL saiu a escena esa mesma noite, ás 22 horas, para estrear a súa montaxe Augusta, sobre un texto de Carlos Losada con dirección de Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro.