11 Marzo 2013, 11:45

http://istoenormal.org/images/336.jpg
Mario Horro

Teatro NORMAL e Danza NORMAL en xira

Os grupos institucionais da UDC de Teatro e Danza participan estes días en senllos encontros universitarios en Lugo e Covilhâ, abrindo así a xeira de viaxes que os levará de xira por toda a Península.

Teatro NORMAL presentará o luns 11 de marzo, ás 20:30h, un ensaio aberto de A burla do galo, de Roberto Vidal Bolaño, no XIX Festival Internacional de Teatro Universitario de Lugo, que anualmente organiza a Área de Cultura do Campus de Lugo. A sesión completarase cunha charla de Rubén Ruibal, coordinador da Aula, sobre a poética do dramaturgo compostelán.

Pola súa banda, Danza NORMAL participa no 17º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior coa presentación o martes 12 de marzo ás 21:30h no Teatro Municipal da Covilhâ, do seu novo espectáculo 2 m² de pel. A montaxe está dirixida por Rut Balbís, coordinadora da Aula de Danza.