12 Maio 2012, 18:16

http://istoenormal.org/images/217.jpg

Teatro NORMAL presenta ‘Nosa Señora das Nubes’ no Teatro Rosalía

A función central do FITEUC 2012 desenvolverase no teatro coruñés.

O martes 15 de maio, ás 20:30 horas, temos cita no teatro Rosalía Castro da Coruña con Teatro NORMAL (Aula de Teatro UDC). Será a presentación de Nosa Señora das Nubes, de Arístides Vargas, baixo a dirección de Rubén Ruibal. A estrea é relativa, pois, como é sabido, a obra pasou antes polo centro penitenciario de Teixeiro e por outros festivais universitarios.

O FITEUC 2012 ven este ano cargado de danza, de teatro e de cinema!