7 Febreiro 2014, 16:00

http://istoenormal.org/images/404.png

TODO INCLUÍDO

TODO INCLUÍDO achega o discurso combativo de AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO ás marxes da cultura Hip Hop durante cinco venres de encontro.

Inspirado na colaboración do artista Mohamed Bourouissa e o rapeiro Booba na obra All-in, este encontro explora o mesmo compromiso con outros protagonistas. Agora os adversarios son El Chojin, El Puto Coke, Dj Mil, Pol Rock, Davbeat …

Durante 5 venres consecutivos, NORMAL convida a artistas e a amantes do Hip Hop de toda condición a compartir o aquí e o agora. Ábrese un espazo de sinerxía e interacción entre artistas. Unha xuntanza onde ampliar coñecementos, mellorar técnicas, inspirar e coñecer xente, compartir motivacións artísticas e, talvez, comezar novos proxectos. Un encontro tamén co público, que poderá desfrutar de balde de actuacións, exhibicións e concertos.

TODO INCLUÍDO. Directo da rúa. Isto é NORMAL!

5 VENRES DE ENCONTRO

VENRES 7 FEBREIRO/ Encontro con El Chojin
17.00-19.00h – Laboratorio de rimas, con El Chojin
Máximo de asistentes: 30 / Actividade gratuíta
Inscrición nesta plataforma en liña seguindo as instrucións, ou en actividades@istoenormal.org.

19.00-20.00h – Hip Hop conciencia, charla con El Chojin
Entrada gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org

20.00-20.30h – Posta en escena
Mostra ao vivo dos resultados acadados polo alumnado do Laboratorio de rimas.
Entrada libre de público até completar aforo

20.30-20.45h – BBB. B-Boying + Booba, The BreakFormance Show
Espectáculo de breakdance da man de Vella Escola para despedir As tácticas do adversario.
Entrada libre de público até completar aforo.

VENRES 14 FEBREIRO/ Encontro con Dj Mil + Showcase RAP
19.00-20.30h – Con-ciencia Dj, taller con Dj Mil.
Obradoiro sobre a técnica do turntablism.
Gratuíto previa inscrición en actividades@istoenormal.org.

20.45-22.00h – Showcase RAP: Verdades coma puños
Exhibición do repertorio máis reivindicativo, con temáticas sociais, de Dj Mil, Krómon, Alba G, Arce, Zaro Arte en tinta, Hard GZ.
Entrada libre de público até completar aforo.

VENRES 21 FEBREIRO/ Breakeando + Showcase Bboying
20.00-21.30h – Breakeando
Taller de breakdance e bboying con Pablo Castiñeira, membro de Vella Escola.
Gratuíto previa inscrición en actividades@istoenormal.org.

22.00-23.00h – Showcase Bboying
Exhibición. Participan Bboy Dave, Bboy Mac, Pol Rock…
Entrada libre de público até completar aforo.

VENRES 28 FEBREIRO/ On Beat + Breakins the Beat
20.00-21.30h – On Beat
Taller de beatbox con Davbeat.
Gratuíto previa inscrición en actividades@istoenormal.org.

22.00-23.00h – Breaking the beat
Show de breakdance e beatbox.
Entrada libre de público até completar aforo.

VENRES 7 MARZO/ Encontro con El Puto Coke
20.15-21.15h – A rúa morre por falar, con El Puto Coke.
Taller, reparando en versos.
Máximo de asistentes: 30 / Asistencia gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org

21.15-22.00h – Galicia hip hop, charla con El Puto Coke.
Entrada gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org.

22.15-23.30h – Showcase RAP: Liberdade para dicilo todo.
Participan El Puto Coke, Erin (Comando Katana), Som do Galpom, SHC, Ámbito Kinitoh, Rebeliom do Inframundo.
Entrada libre de público até completar aforo.