7 Febreiro 2014, 16:00

http://istoenormal.org/images/399.jpg

TODO INCLUÍDO/ Encontro con EL CHOJIN M(aster)C(lass)

O mestre madrileño do rap conciencia inaugura TODO INCLUÍDO cunha tarde chea de actividade e intercambio arredor da cultura Hip Hop.

Cun perfil polifacético que suma o quefacer artístico-poético, o compromiso social e as súas dotes de comunicador, El Chojin pasa por ser o artista de Rap español que máis traballos ten no mercado.

Dentro do seu labor didáctico, ten levado a cabo múltiples actividades para achegar a cultura Hip Hop a diversos ámbitos. É nese contexto que se vai desenvolver este encontro co público galego, dividido en catro bloques:

17.00-19.00h – Laboratorio de rimas con El Chojin
Máximo de asistentes: 30 / Actividade gratuíta
Inscrición nesta plataforma en liña seguindo as instrucións, ou en actividades@istoenormal.org.

19.00-20.00h – Hip Hop conciencia, charla con El Chojin
Entrada gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org

20.00-20.30h – Posta en escena
Entrada libre de público até completar aforo

20.30-20.45h – BBB. B-Boying + Booba, The BreakFormance Show
Espectáculo de breakdance da man de Vella Escola para despedir As tácticas do adversario.
Entrada libre de público até completar aforo.

Álbum de imaxes do encontro con El Chojin + actuación de Vella Escola.

Vídeo da actividade en VIMEO.