7 Marzo 2014, 19:15

http://istoenormal.org/images/403.jpg

TODO INCLUÍDO/ Encontro con EL PUTO COKE

El Puto Coke pecha os encontros de TODO INCLUÍDO cun obradoiro, unha charla e un showcase no que compartirá micro con outras voces do panorama Hip Hop galego.

O recoñecido MC vigués protagoniza as actividades desta última xornada, co seguinte programa:

20.15-21.15h – A rúa morre por falar, con El Puto Coke.
Taller, reparando en versos.
Máximo de asistentes: 30 / Asistencia gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org

21.15-22.00h – Galicia hip hop, charla con El Puto Coke.
Entrada gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org.

22.15-23.30h – Showcase RAP: Liberdade para dicilo todo.
Participan El Puto Coke, Erin (Comando Katana), Som do Galpom, SHC, Ámbito Kinitoh, Rebeliom do Inframundo.
Entrada libre de público até completar aforo.

Imaxes do paso de El Puto Coke por NORMAL.

Vídeo da actividade en VIMEO.