22 Maio 2013, 20:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/353.jpg

'Tomboy' contra a homofobia e a transfobia

NORMAL únese coa proxección deste premiado filme de Céline Sciamma aos actos que se están a desenvolver na cidade co gallo do Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia.

En Tomboy a directora francesa Céline Sciamma reflexiona sobre a orientación sexual na infancia a través da realidade dunha nena e os seus amigos.

O filme será proxectado en dúas ocasións: o mércores 22 ás 20 horas e o xoves 23 á mesma hora. Ambas sesións terán lugar no CUBO, con entrada libre até completar a capacidade da sala, e supoñen a estrea absoluta desta obra en Galicia.

Esta actividade encádrase dentro dunha serie de actos que organiza a Concellaría de Servizos Sociais co gallo do Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia, que se conmemora o día 17 de maio. Con eles preténdese sensibilizar á poboación a favor da diversidade, a igualdade, a dignidade e a convivencia normalizada das persoas, con independencia da súa orientación sexual.