25 Maio 2012, 20:00

  • CUBO de NORMAL
http://istoenormal.org/images/192.jpg

Última proxección de 'Flamenco en Red': Olga Pericet

Última proxección audiovisual para o alumnado do curso semipresencial ‘Flamenco en Red’, na que se ofrecerá o espectáculo De una pieza, da bailaora Olga Pericet.

Olga Pericet é licenciada en Danza Española e Flamenco. Nada en Córdoba, estudou con Matilde Coral, Manolo Marín, La Toná e José Granero, entre outros mestres. Tras pasar por varios tablaos madrileños, traballa como solista e artista convidada en compañías como a de Rafael Amargo, Rafaela Carrasco, Nuevo Ballet Español, Arrieritos e Miguel Ángel Berna.

En 2004 estrea como coreógrafa e solista o espectáculo Bolero, cartas de amor y desamor, xunto a Edith Salazar. Colabora co Nuevo Ballet Español en Romeo e Xulieta. Recibe en 2005 o Primeiro Premio á Coreografía e o Primeiro Premio á Música no 13º Certame Coreográfico de Danza Española e Flamenco de Madrid. É directora da Compañía Manuel Liñán & Olga Pericet.

Flamenco en Red é un curso de 50 horas de carácter semipresencial organizado polas universidades andaluzas, ao que se adheriu a Universidade da Coruña na presente edición. Consiste nun paquete formativo en liña que só require da presenza física do alumnado en cinco proxeccións. O seu obxectivo é afondar no coñecemento e difusión do flamenco.