13 Xullo 2012, 17:32

http://istoenormal.org/images/245.jpg

Última semana de 'Poñer cousas en orde'

A exposición que pecha o curso en NORMAL chega á súa última semana e clausúrase o 20 de xullo.

Despois de cinco semanas de actividade plena, Poñer cousas en orde afronta os seus últimos días á disposición do público no Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. Serán en total 40 días de imaxes, música, accións e palabras en compañía dun nutrido e variado público que tocarán ao seu fin o venres 20 de xullo.