16 Mai, 20:00
- Entrada libre e de balde
Unha cidade por ser + Paso dobre
acción ciclo cinema danza contemporánea proxecciónSesión de danza que combina a presentación de Unha cidade por ser, a nova produción de Danza NORMAL, e a proxección de CINESCENA: Paso dobre, de Bruno Delbonnel.
Unha cidade por ser é a peza escénica creada por Danza NORMAL neste curso. Está inspirada en As cidades invisibles de Ítalo Calvino, como gran metáfora da creación e interpretación humana cos seus sistemas arquitectónicos, sociais e ideolóxicos entrecruzadados, o que os homes fan de si mesmos, a sua manifestación…
Cidades invisibles, irreais, fantásticas, imaxinarias, atemporais que contrastan coa nosa cidade visible, real, rutinaria, caótica e consumista pero tamén un lugar tecnolóxico, de pensamento e intercambio cultural.
INTÉRPRETES: ESTEFANÍA ABELENDA, ANTÓN BOTANA, LORENA CARBALLIDO, MARTA CUBA, CRISTINA DE LA TORRE, FRANZI ENDE, EVA FÓRNEAS, MATHILDE LEŸS, LÉA MAUGUIN, UXÍA MUIÑOS, LORENA SUÁREZ, LAURA RÍOS, LILIANA TONES
DIRECCIÓN: RUT BALBÍS
Paso dobre, de Bruno Delbonnel, rexistra o espectáculo performativo creado polo artista plástico Miquel Barceló e o coreógrafo Josef Nadj. Esta performance representa unha escena tribal, máxica e hipnotizante do proceso creativo. Cun chan e unha parede de arxila fresca, xogan a ser artistas: moldean o chan, cortan o muro, debuxan con cóbados, puños, golpes e patadas, deixan que a creación flúa libremente.
Título: Paso doble: Miquel Barceló et Josef Nadj
Dirección: Bruno Delbonnel
Produción: Les Poissons Volants
Intérpretes: Miquel Barceló e Josef Nadj
Ano: 2006
Duración: 41 minutos
País: Francia
Concibido como actividade complementaria do FITEUC 2012 (Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña), CINESCENA achéganos catro visións cinematográficas sobre o mundo do teatro, a danza e a acción performativa.
OUTRAS PROXECCIÓNS DE CINESCENA:
24 MAIO: Pina (2011), de Wim Wenders
31 MAIO: Marat-Sade (1967), de Peter Brook
