23 Xuño 2019, 11:00

http://istoenormal.org/images/732.jpg

Universo Coruñento: As lumeiradas de Labañou, con Xurxo Souto

Para descubrir unha Coruña que descoñecías, Normal ofrece outra ruta pola Cidade Escolar e San Roque de Fóra con Xurxo Souto, esta vez co tema: “As lumeiradas de Labañou” que acollerá a un máximo de 25 persoas. Poderás inscribirte escribindo ao enderezo electrónico: normal.comunicacion@udc.es indicando nome e apelidos, ruta escollida e un teléfono de contacto.

A cidade é un libro que se le camiñando. (Agustín Fernández Paz)

Domingo 23 de xuño: As lumeiradas de Labañou . Saída: de Normal, Paseo de Ronda 47