14 Outubro 2018, 11:00

http://istoenormal.org/images/662.png

UNIVERSO CORUÑENTO. NOVAS RUTAS POLA CIDADE INVISIBLE, CON XURXO SOUTO

Para descubrir unha Coruña que descoñecías e que che sorprenderá, Normal volve a programar da man de Xurxo Souto catro novas rutas pola cidade que serán de balde e que acollerán a un máximo de 25 persoas cada unha. Hai 25 prazas dispoñibles para cada unha das rutas e poderás inscribirte escribindo ao enderezo electrónico: normal.comunicacion@udc.es indicando nome e apelidos, ruta escollida e un teléfono de contacto.

A cidade é un libro que se le camiñando (Agustín Fernández Paz)

As rutas programadas son as seguintes:

Domingo 14 de outubro: Cando espertou, Elviña ainda estaba alí. Saída: das Mariñas Douradas, diante
da Facultade de Socioloxía, ás 11 horas

Domingo 11 de novembro: As pedras da torre. A ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas. Saída: Praia de San Amaro, no antigo cargadoiro de pedras (onde a farmacia), ás 11 horas

Domingo 16 de decembro: Buscando a ría. Saída: da Praia de Santa Cristina, Avenida das Américas (aparcadoiro ao final do paseo marítimo), ás 11 horas

Domingo 13 de xaneiro: Por fin Eirís. Saída: da rúa Castaño de Eirís (á altura da estrada de Eirís, 15), ás 11 horas