12 Xuñ, 20:00
- CUBO de NORMAL
- Entrada libre e de balde
VIAXES, VIDAS: Alicia nas cidades
ciclo cinema proxecciónEste filme de Wim Wenders abre Viaxes, Vidas, o ciclo de cinema que pecha o curso en NORMAL.
Alicia nas cidades é un filme escrito, producido e dirixido por Wim Wenders en 1974. É a primeira road movie da filmografía do director alemán, moi próxima aínda ao espírito de Peter Handke e todo un manifesto xeracional.
Philip é un fotógrafo alemán que, despois dun azaroso encontro cunha muller que foxe, acepta de mala gana facerse cargo por un tempo da pequena Alicia. A súa amizade medra mentres viaxan a través de varias cidades á procura da avoa da meniña. Con gran orixinalidade e agudeza, Wenders reflexa as influencias da cultura pop americana en Europa e no mundo.
Título orixinal: Alice in den Städten
Director: Wim Wenders
Guión: Wim Wenders e Veith v. Fürstenberg
Director de fotografía: Robby Müller
Montaxe: Peter Przygodda
Música: Can
Produción: Peter Genée e Wim Wenders
Reparto: Rüdiger Vogler, Yella Rottländer, Lisa Kreuzer e Edda Köchl
Ano: 1974
Duración: 110 minutos
As peregrinacións medievais a Compostela, o Grand Tour da mocidade europea do XVIII, as road movies americanas, as montañas de Katmandú ou as herbas de Chefchaouen, o destino vital da Meca… A metáfora da viaxe como vida. Ou a viaxe cando non é simple turismo, inercia, un deixarse levar. Estas películas falan da viaxe como experiencia transformadora, non sempre en espazos exóticos, pois a viaxe é ante todo percorrido interior. Unha historia verdadeira, de Lynch, puidera ser a máis radical nesa negación do fácil exotismo. In this World, de Winterbottom, a inversión do exotismo desde as olladas de dous rapaces afgáns que procuran o soño europeo. Viaxes, Vidas, o ciclo de cinema que cerra o curso en NORMAL.
PRÓXIMAS PROXECCIÓNS DE VIAXES, VIDAS:
19 XUÑO: Viaxe en Italia (1954), de Roberto Rosellini
26 XUÑO: In this world (2002), de Michael Winterbottom
3 XULLO: Deus e diaño na Terra do Sol (1964), de Glauber Rocha
17 XULLO: Unha historia verdadeira (1999), de David Lynch
24 XULLO: O ollar de Ulises (1995), de Theo Angelopoulos
31 XULLO: Estraños no paraíso (1984), de Jim Jarmusch
