17 Xullo 2012, 20:00

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/222.jpg
David Lynch, Unha historia verdadeira (1999)

VIAXES, VIDAS: Unha historia verdadeira

O filme máis irrecoñecible de David Lynch é tamén o máis humano e tenro. A odisea de Alvin Straight non podía faltar no noso ciclo de viaxes.

David Lynch sorprendeu a propios e estraños cando estreou a finais dos noventa Unha historia verdadeira, un filme que abandonaba o peculiar universo fílmico do director para narrar en ton clásico a odisea real de Alvin Straight. Este home de 73 anos decidiu percorrer os 500 quilómetros que o separaban de seu irmán, gravemente enfermo, despois de moitos anos sen se falaren. Enceta a viaxe na súa lenta segadora e irá atopando a diversas personaxes polo camiño. Un camiño de aprendizaxe no que precisamente son aqueles que coñecen a Alvin quen del aprenden.

Título orixinal: The straight story
Director: David Lynch
Guión: John Roach & Mary Sweeney
Director de fotografía: Freddie Francis
Música: Angelo Badalamenti
Produción: Pierre Edelman e Michael Polaire
Reparto: Richard Farnsworth, Sissy Spacek, Harry Dean Stanton, Everett McGill, John Farley
País: Estados Unidos
Ano: 1999
Duración: 111 minutos

As peregrinacións medievais a Compostela, o Grand Tour da mocidade europea do XVIII, as road movies americanas, as montañas de Katmandú ou as herbas de Chefchaouen, o destino vital da Meca… A metáfora da viaxe como vida. Ou a viaxe cando non é simple turismo, inercia, un deixarse levar. Estas películas falan da viaxe como experiencia transformadora, non sempre en espazos exóticos, pois a viaxe é ante todo percorrido interior. Unha historia verdadeira, de Lynch, puidera ser a máis radical nesa negación do fácil exotismo. In this World, de Winterbottom, a inversión do exotismo desde as olladas de dous rapaces afgáns que procuran o soño europeo. Viaxes, Vidas, o ciclo de cinema que cerra o curso en NORMAL.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS DE VIAXES, VIDAS:

24 XULLO: O ollar de Ulises (1995), de Theo Angelopoulos

31 XULLO: Estraños no paraíso (1984), de Jim Jarmusch