8 Novembro 2014, 10:00

http://istoenormal.org/images/464.jpg

VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os

NORMAL acolle a xornada de traballo do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os, organizada pola AELG baixo o título Propostas de diálogo en tempos mestizos.

O programa deseñado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega inclúe as seguintes actividades:

11:00-12:00 horas
Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década, con Rosalía Fernández e Roi Vidal. Coordina: Vanesa Sotelo.

12:00-12:30 horas
Coloquio

12:30-13:30 horas
As outras. Os outros, con Berta Dávila e Samuel Solleiro. Coordina: Mario Regueira.

13:30-14:00 horas.
Coloquio

16:00-17:00 horas
Máis alá! O futuro da poesía en tempos mestizos, con Lucía Aldao e Samuel L. Paris. Coordina: Gonzalo Hermo.

17:00-17:30 horas
Coloquio

18:00 horas
Recital
Berta Dávila | Mario Regueira | Gonzalo Hermo | Lucía Aldao | Rosalía Fernández Rial | Samuel L. Paris
Presenta: Alicia Fernández

19:00 horas
Videoproxeccións: palabra audiovisual

20:00 horas
Concerto das Ataque Escampe.

A entrada a todas as actividades é libre até completar o aforo da sala.