20 Febreiro 2013, 19:54

http://istoenormal.org/images/333.jpg

Visitas guiadas a ELAS FAN TECH

NORMAL abre un período de visitas dinamizadas á exposición ELAS FAN TECH para todo tipo de públicos.

Os visitantes poden organizarse e solicitar unha visita en grupos de entre 10 e 20 persoas aproximadamente. Os percorridos poderán ser de luns a venres, en quenda de mañá ou de tarde, até o 8 de marzo (incluído). A visita terá unha duración estimada de unha hora.

As persoas interesadas poden enviar as súas solicitudes a info@istoenormal.org indicando día e hora da reserva, número de asistentes, nome completo e teléfono da persoa responsable do grupo.

Todas as visitas son gratuítas.