24 Xaneiro 2012, 11:59

http://istoenormal.org/images/143.jpg

Visitas guiadas a M&E

Entre o 25 e o 31 de xaneiro desenvolvéronse as visitas dinamizadas á exposición, con grupos de distintos centros de secundaria e centros cívicos da cidade que se achegaron á historia de Marcela e Elisa.

Un educador especializado fomentará o diálogo cos participantes a partir das pezas da mostra (fotos, instalacións, audiovisuas…) que relatan a historia de Marcela e Elisa para conseguir clarexar algunhas dúbidas.

Sexo, xénero, identidade e orientación sexual… aínda cres que son a mesma cousa?
Sabes? Realmente, este mundo non é só “hetero”.
Cantas formas de homofobia coñeces?
Discriminación? Non, grazas

Facilítase material educativo para a súa lectura na aula antes de realizar a visita a NORMAL.