13 Setembro 2013, 07:23

http://istoenormal.org/images/357.jpg

Visitas guiadas a TÉ CON MADALENAS

NORMAL abre un período de visitas dinamizadas pola comisaria da mostra para todo tipo de públicos.

Os visitantes poden organizarse e solicitar unha visita en grupos de entre 10 e 20 persoas aproximadamente. Os percorridos desenvolveranse o 23, 24 e 25 de setembro, en quenda de mañá ou de tarde. A visita terá unha duración estimada de unha hora.

As persoas interesadas poden enviar as súas solicitudes a info@istoenormal.org indicando día e hora da reserva, número de asistentes, nome completo e teléfono da persoa responsable do grupo.

Todas as visitas son gratuítas.