16 Novembro 2013, 17:26

http://istoenormal.org/images/369.jpg

Vistas guiadas a AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO

NORMAL abre un período de visitas dinamizadas á mostra dirixidas a todo tipo de públicos.

O público poderá desfrutar, de xeito gratuíto, dun percorrido guiado por unha técnica de exposicións todos os xoves de 19:00 a 20:00 horas e os sábados de 12:30 a 13:30 horas, sen necesidade de realizar preinscrición previamente.

Así mesmo, os visitantes que o desexen poden organizarse e solicitar unha visita en grupos de entre 10 e 20 persoas aproximadamente. Os percorridos desenvolveranse en quenda de mañá ou de tarde, no horario máis acaído para o grupo. As persoas interesadas poden enviar as súas solicitudes a actividades@istoenormal.org.

Por outra banda, ábrese a xeira de inscrición dirixida aos grupos escolares que queiran realizar unha visita a AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO nas vindeiras semanas. Desde NORMAL estase a contactar con diversos centros de ensino da contorna para programar con antelación os percorridos.

As visitas son gratuítas e terán unha duración estimada de unha hora.