18 Decembro 2013, 18:00

http://istoenormal.org/images/383.jpg

Xornadas 'Feminismo e saúde'

NORMAL acolle durante os mércores do mes de decembro unhas xornadas sobre a Construción, investigación e acción na abordaxe da saúde integral das mulleres.

Organizadas pola Universidade da Coruña e o colectivo Acción RABUDA, as xornadas desenvolveranse en tres sesións.

MÉRCORES 4 DECEMBRO / 19:30-21:30h
A construción da saúde desde a perspectiva de xénero, por Lola Ferreiro.
Masturbación e boas linguas. Autoerotismo, por Maite Cambeiro Insua.

MÉRCORES 11 DECEMBRO / 19:30-21:30h
Feminismo e saúde: cara a construción dun conceito integral, por Mariola Mourelo e Mónica Gonzáles Devesa.
Estratexias para a construción da autonomía persoal e o autocoidado, por María Rosendo Priego.

MÉRCORES 18 DECEMBRO / 19:00-21:30h
Sexualidade e diversidade funcional, por Jeane Costa.
A patoloxización da desigualdade: a saúde mental desde unha perspectiva crítica feminista, por Paula Tomé Espiñeira.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.