http://istoenormal.org/images/579.jpg

17 Novembro 2016 — 31 Decembro 2016

BDG70: A REVOLTA DO CÓMIC GALEGO

A mostra BDG70: a revolta do cómic galego xorde como resultado da investigación realizada en 2015 por Xulio Carballo para a súa tese de doutoramento sobre a banda deseñada galega. Esta exposición quere pór de relevo a gran cantidade de artistas que, aínda en período ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a través dun medio aínda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente o visitante, que con certeza vai poder mergullarse na historia política e social dos anos setenta por medio da novena arte.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/573.jpg

9 Setembro 2016 — 29 Setembro 2016

VIDAS REFLECTIDAS

A exposición colectiva VIDAS REFLECTIDAS é o resultado fotográfico de tres viaxes a Nicaragua, Uganda e Ecuador. A mostra recolle instantáneas das viaxes de voluntariado e cooperación realizadas por dous profesores e un estudante da Universidade da Coruña.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/544.jpg

14 Maio 2015 — 6 Novembro 2015

ATMOSFERAS

As artes, como defensoras dun paradigma de resistencia, non saen ben paradas dentro do sistema educativo. Cada día, instigada desde as esferas políticas, a sociedade asume de xeito natural a exclusión da aprendizaxe creativa das aulas. O activismo artístico pretende quebrantar e fracturar esta situación paradoxal. NORMAL reúne en ATMOSFERAS artistas que, entre estes fragmentos e fisuras, crean terreos fronteirizos.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/535.jpg

2 Marzo 2015 — 17 Abril 2015

MICROFÍSICA DO DEBUXO

É o debuxo un anacronismo dentro da contemporaneidade artística? En MICROFÍSICA DO DEBUXO, NORMAL parte desta pregunta para, no canto de propor unha resposta concluínte, trazar un percorrido promiscuo a través de traballos artísticos nos que o debuxo funciona de xeitos considerablemente diferentes entre si.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/465.jpg

4 Novembro 2014 — 30 Xaneiro 2015

DUCIA DE CANS

Ao longo de 12 semanas, DUCIA DE CANS vai celebrar as 12 edicións que no ano 2015 cumprirá o Festival de Cans, trasladando o espírito do evento a través da interpretación dos seus espazos máis emblemáticos, o pase das proxeccións máis destacadas e a programación de coloquios e actuacións musicais con diferentes artistas e creadores que pasaron polo festival.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/435.png

30 Maio 2014 — 12 Setembro 2014

LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS

O proxecto LOST & FOUND xorde dos vestixios do terremoto que aconteceu en marzo de 2011 en Xapón. Promovido por Munemasa Takahashi, ten a intención de recuperar as fotografías dos álbumes familiares que se perderon tras o tsunami orixinado polo forte sismo, responsable da catástrofe da central nuclear de Fukushima.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/367.jpg

28 Outubro 2013 — 18 Febreiro 2014

AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO

NORMAL ábrese ao conflito cun novo proxecto artístico colectivo en que a videoarte, as instalacións e as accións establecen un diálogo polémico entre o poder e o activismo artístico, presente máis que nunca nas rúas e nos lugares públicos e privados. Espazos ocupados, comunitarios, como síntomas da vontade de debate e de transgresión.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/341.jpg

1 Maio 2013 — 24 Setembro 2013

TÉ CON MADALENAS

NORMAL convídate a un té con madalenas. Nun camiño de ida e volta excepcional, TÉ CON MADALENAS descobre a intimidade do artista á vez que revela as evocacións, sensacións e lembranzas propias do visitante.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/322.jpg

21 Xaneiro 2013 — 9 Marzo 2013

ELAS FAN TECH

ELAS FAN TECH reúne unha serie de artistas españolas e internacionais que veñen explorando as posibilidades expresivas dos medios tecnolóxicos na súa obra. A exposición inclúe varias actividades nas que a presenza feminina nas novas tecnoloxías afírmase con potencia e rotundidade.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/270.jpg
Jeroen Diepenmaat

24 Outubro 2012 — 23 Novembro 2012

O disco é NORMAL

A programación do Festival SINSAL é NORMAL incluiu como actividade paralela a exposición O disco é NORMAL.

Ler máis