11 Abril 2011 — 31 Maio 2011

http://istoenormal.org/images/23.jpg

Action Reaction: O universo creativo de David Lynch

Percorrido polo universo creativo interdisciplinar de David Lynch, que se compón ademais do seu cinema, dunha pequena mostra da súa produción plástica, televisiva e musical.

A estrutura da mostra pretende ofrecer unha lectura conxunta de todas as facetas creativas de Lynch, co fin de destacar as sólidas relacións que manteñen os seus discursos nos diferentes formatos, a importancia da súa obra audiovisual e o diálogo permanente que mantén coa vangarda surrealista en xeral e cos seus referentes artísticos, como poden ser Francis Bacon, Edward Hooper, Max Ernst ou Salvador Dalí.

Comisariado: Arte contemporánea GACMA

luns a venres 11.00 ás 22.00h
entrada libre e gratuíta

Obra musical e curtametraxes para internet do director

Inclúe proxeccións.