7 Febreiro 2011 — 31 Marzo 2011

http://istoenormal.org/images/13.png

Agora é isto

Esta exposición nace como un intento de meter baixo o mesmo teito algunhas propostas interesantes dentro do panorama galego da arte contemporánea máis actual. Comisario: Nano4814.

Nun principio, inténtase coutar o campo de actuación a artistas relacionados coa escena da arte urbana ou o graffiti en Galicia e, aínda que finalmente non todos os artistas propostos traballan de forma activa na rúa ou simplemente o fixeron de modo tanxencial nalgún momento da súa traxectoria, todos reflicten dalgunha forma nas súas propostas a influencia da sociedade urbana contemporánea, do mundo da banda deseñada ou da ilustración, do post-graffiti e da cultura do faino ti mesmo.

Participan:

Víctor Hugo Costas máis info
Alberto Gracia máis info
Tronquis máis info
Nano4814 máis info
Sekone máis info
Pilas máis info
Tayone máis info
Luís Díaz máis info