4 Novembro 2014 — 30 Xaneiro 2015

http://istoenormal.org/images/465.jpg

DUCIA DE CANS

Ao longo de 12 semanas, DUCIA DE CANS vai celebrar as 12 edicións que no ano 2015 cumprirá o Festival de Cans, trasladando o espírito do evento a través da interpretación dos seus espazos máis emblemáticos, o pase das proxeccións máis destacadas e a programación de coloquios e actuacións musicais con diferentes artistas e creadores que pasaron polo festival.

O Festival de Cans é un dos eventos máis singulares que existen na actualidade en Galicia. Desde hai unha ducia anos, o festival converteu unha aldea galega de menos de 400 habitantes nun foco de atracción cultural polo que pasan máis de 10.000 persoas en catro días. Cans é un festival de cine, mais tamén un festival de música, unha festa da creación e un motivo de orgullo para os seus veciños. Un evento que traballa na reconversión dos espazos cotiáns estimulando a creación e a participación. Cans xa hai tempo que é parte da cultura viva de Galicia, co seu estímulo aos creadores do audiovisual e da música, a activación do mundo rural e a súa dinamización.

A intervención en NORMAL faise a partir dun traballo aberto que se desenvolve en dúas fases: unha inicial, máis teórica, de análise e deseño colectivo, e unha posterior, máis práctica, a modo de obradoiro de construción da solución proposta, que servirá de soporte físico da mostra.

Todo sen perder a perspectiva final do que pretende o festival: estimular e fomentar a creación, achegar a cultura a todo o mundo e ser unha ventá de exhibición nun contexto actual onde van desaparecendo as festas culturais e facer participar os espectadores.

SECCIÓNS

CURTAS
Cans caracterizouse desde o seu nacemento por ser o grande impulsor dos novos cineastas galegos. Desde o seu inicio, numerosos curtametraxistas foron acadando relevancia e rodando as súas primeiras longametraxes. Nesta sección faise unha selección das curtas premiadas nas once edicións do festival que, ao mesmo tempo, constitúen unha mostra da evolución dos creadores galegos da última década.

PARALELO CANS
A medida que foi medrando, o Festival de Cans foi indagando en seccións paralelas fóra de competición para darlles saída a creadores que experimentaban outras linguaxes (Non Ficción), que traballaban con outros formatos (Webseries) ou que buscaban formarse noutros países (Sección London Canning). Ao mesmo tempo, comezou a desenvolverse unha ampla produción nun formato que era curto, barato e efectivo: os videoclips musicais. Todas elas trazan unha configuración do festival moi interesante, á marxe do ámbito do concurso.

COLOQUIOS
Co paso dos anos, a aldea de Cans converteuse nun foco que espertou a curiosidade de numerosas persoas non vinculadas estritamente ao mundo do cinema. Por Cans pasaron nos últimos anos escritores, músicos, arquitectos, cociñeiros ou xornalistas, que interviñeron en diferentes actividades do festival e axudaron a estudalo. Todas personalidades de relevancia na súa profesión, pero ao mesmo tempo cun nexo común cara ao festival, como son as diferentes lecturas que darán deste territorio e do seu espazo que agora se reconverte dun xeito sorprendente.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
A entrada a todas as actividades é libre até completar o aforo da sala.

MARTES 4/11 (20:00h) INAUGURACIÓN
Sesión Chimpidisco, con Isabel Risco.

MÉRCORES 5/11 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Irisarri-Piñera, Emilio Rodríguez Blanco e Cristina García Fontán.

XOVES 6/11 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Víctor Coyote.

VENRES 7/11 (20:00h) CINE
Proxección de Encallados, de Alfonso Zarauza.

LUNS 10/11 (20:00h) CURTAS
Proxección das curtas gañadoras nas edicións de 2004 e 2005 do Festival de Cans.

MARTES 11/11 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Ciudadano Cans, de Anxo Cendal e Iván González.

MÉRCORES 12/11 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Xosé Manuel Pereiro.

XOVES 13/11 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Tony Lomba.

VENRES 14 (20:00h) CINE
Proxección de O Apóstolo, de Fernando Cortizo.

LUNS 17/11 (20:00h) Celebración do Día Bravú, coa participación de Rómulo Sanjurjo.

MARTES 18/11 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Cancasete e Agroglamour.

MÉRCORES 19/11 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Chelo Loureiro.

XOVES 20/11 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Tonhito de Poi.

VENRES 21/11 (20:00h) CINE
Proxección de Crebinsky, de Enrique Otero.

LUNS 24/11 (20:00h) CURTAS
Proxección das curtas gañadoras nas edicións de 2006 e 2007 do Festival de Cans.

MARTES 25/11 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de London Canning.

MÉRCORES 26/11 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Antonio Durán Morris.

XOVES 27/11 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Xurxo Souto.

VENRES 28/11 (20:00h) CINE
Proxección de Nacional VI, de Pela del Álamo.

LUNS 1/12 (20:00h) CURTAS
Proxección das curtas gañadoras na edición de 2008 do Festival de Cans.

MARTES 2/12 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Videoclips 2008.

MÉRCORES 3/12 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Suso de Toro.

XOVES 4/12 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Uxía.

VENRES 5/12 (20:00h) CINE
Proxección de Somos gente honrada, de Alejandro Marzoa.

MARTES 9/12 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Making Love.

MÉRCORES 10/12 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Creus e Carrasco.

XOVES 11/12 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Sés.

VENRES 12/12 (20:00h) CINE
Proxección de Retornos, de Luis Avilés.

LUNS 15/12 (20:00h) CURTAS
Proxección das curtas gañadoras nas edicións de 2009 e 2010 do Festival de Cans.

MARTES 16/12 (20:00h) COLOQUIO
Charla con Emma Lustres + Chelo Loureiro.

MÉRCORES 17/12 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Videoclips 2010-2014.

XOVES 18/12 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Os da Ría.

VENRES 19/12 (20:00h) CINE
Proxección de Tra-las luces, de Sandra Sánchez.

LUNS 12/1 (20:00h) CURTAS
Proxección das curtas gañadoras na edición de 2011 do Festival de Cans.

MARTES 13/1 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de O ano que saímos na CNN e Máis Cans que nunca.

MÉRCORES 14/1 (20:00h) COLOQUIO
Charla de Pepe Solla.

XOVES 15/1 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Grampoder.

VENRES 16/1 (20:00h) CINE
Proxección de El árbol magnético, de Isabel Ayguavives.

LUNS 19/1 (20:00h) CURTAS
Proxección das curtas gañadoras nas edicións de 2012 e 2013 do Festival de Cans.

MARTES 20/1 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Making 2012-2013.

MÉRCORES 21/1 (20:00h)
COLOQUIO SUSPENDIDO POR CAUSAS ALLEAS A NORMAL
Charla de David Rubín.

XOVES 22/1 (20:00h) MÚSICA
Concerto de Muller Cine.

VENRES 23/1 (20:00h) CINE
Proxección de Fraga y Fidel, sin embargo, de Manuel Fernández Valdés.

LUNS 26/1
PECHADO por mor do Día da Universidade.

MARTES 27/1 (20:00h) PARALELO CANS
Proxección de Ciudadano Cans.

MÉRCORES 28/1 (20:00h) COLOQUIO
Charla con David Rubín.

XOVES 29/1 (20:00h) CLAUSURA
Por causas alleas a NORMAL, o concerto de Miguel Costas fica SUSPENDIDO. Tomarán o relevo Xurxo Souto, cun roteiro sonoro pola exposición, e Ricardo de Barreiro, coa sesión de chimpidisco final. Desculpen as molestias.

Programación suxeita a cambios en función da axenda dos artistas. Consulten actualizacións nas redes oficiais de NORMAL e no cancelo #duciadecans, así como en redes oficiais do Festival de Cans.