24 Outubro 2012 — 23 Novembro 2012

http://istoenormal.org/images/270.jpg
Jeroen Diepenmaat

O disco é NORMAL

A programación do Festival SINSAL é NORMAL incluiu como actividade paralela a exposición O disco é NORMAL.

O disco é NORMAL é unha introdución á historia do soporte sonoro e á súa incidencia no mundo da música, a arte plástica e a sociedade do século XX. Acompañou o Festival SINSAL é NORMAL, que tivo lugar entre o 24 de outubro e o 23 de novembro en NORMAL.

A exposición repasa os principais acontecementos na evolución do rexistro sonoro e presenta algúns dos seus obxectos máis relevantes, ao tempo que incide na importancia da gramofonía como centro de inspiración nas diferentes linguaxes artísticas.

Os obxectos foron organizados en diferentes instalacións temáticas, acompañadas de varias obras individuais como: Os Traxes Sonoros de Galicia (cedidos pola Cidade da Cultura de Galicia); Música para Peto, de Ulobit, ou un collage sonoro en homenaxe a Milan Knizak.

Instalación 1. Banda Sonora e Banda Deseñada: a sintonía da animación

FELIX KNOTH: “Die Pein Vom Haupt Ent Fermen”. PAISES BAIXOS 1999
RED RAVEN MOVIE RECORD. EE.UU 1950
SHOW´N TELL. EE.UU 1950
GRAMOPHONE UNCLE SAMDUROTONE MOVIE PROJECTOR. EE.UU 1930
GAF TALKING VIEW-MASTER. EE.UU 1970

Instalación 2. Música con Arte

DISCO RADIOGRAFÍA X-RAY: URSS en 1950
NÓS SOMOS SON: dedodisco autoamplificado editado polo selo galego SOSOaudio. GALICIA 2011.
MIX TAPE USB STICK: REINO UNIDO 2008
EDOUARD-LEON SCOTT DE MARTINVILLE: EE.UU 2010
TOCADISCOS BANDAI: XAPÓN 2004
TUCK´S POST CARD GRAMOPHONE: ALEMAÑA 1929
BHUTAN RECORD STAMP: BUTÁN 1972
CILINDROS FONOGRÁFICOS DE SOSOAUDIO: cilindros fonográficos dos artistas galegos Emilio José, Diadermín e Murmel Bruxal. GALICIA 2011

Instalación 3. Os sons ilustrados: enciclopedias, revistas, postais, cromos, etc.

ENCICLOPEDIA DECCENIUM: ESPAÑA 1985
LIBROPHON PHONOBUCH: ALEMAÑA 1974
MAGAZINE SONORO SONORAMA: FRANCIA 1960
MICROPHONOGRAPH: EE.UU 1980
BASEBALL TALK COLLECTION: EE.UU 1989
NATIONAL PANAPIC KARAOK: XAPÓN 1967

Instalación 4. Gravacións Domésticas: o arquivo familiar

RECORDING DISCS GRAY AUDOGRAPH: EE.UU 1945
AGAVOX: SUECIA 1955
EDIPHONE VOICEWRITER DISCS: EE.UU 1950
TELTAPE: ALEMAÑA 1958
AUDIO-PHONIC HOME RECORDER: EE.UU 1945
NEW EDISONPHONOGRAPH KIT: XAPÓN 2009
TOMY VOICE RECORDER: XAPÓN 1970

Instalación 5. Xoguetes Sonoros: música para todas as idades

MIGHTY TINY RECORD PLAYER: EE.UU 1967
INSTANT REPLAY: EE.UU 1971
AGNES CHAN PLAYER: XAPÓN 1979
NATIONAL KARAOKE 8 TRACK PLAYER: XAPON 1970
SOUND A ROUND: EE.UU 1968
SOUNDWAGON: XAPÓN 2006